Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Cero tolerancia: protocolos de prevención do acoso na contorna laboral

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 10 de outubro, venres, a xornada informativa "Cero tolerancia: protocolos de prevención do acoso na contorna laboral", no marco da súa programación informativa e divulgativa en materia de igualdade 2025, organizada co financiamento da Xunta de Galicia e o SEPE. 

A xornada, que se impartirá na modalidade online en horario de 10:00 a 13:00 horas, conta cun amplo panel de expertos entre lso que se atopan os avogados Verónica Suárez e Napoleón Cánovas, de Frago & Suárez, así como do tamén avogado Ignacio García - Miguel, director da asesoría xurídica de Altadis, e do enxeñeiro Ramón Merlos, director do Servizo Mancomunado de PRL Grupo ETOSA. Falarán de cuestións como obrigacións e lexislación en materia de acoso; conceptos, límites e consecuencias en materia de acoso sexual e por razón de sexo; protcolos internos ou cultura preventiva (ver programa en pdf ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por riguruso orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA CERO TOLERANCIA 

Xornadas divulgativas abertas a todo tipo de público (desempregados, traballadores, emprendedores, autónomos...). Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50).  

NOTA IMPORTANTE: Conforme á normativa en materia de igualdade, as empresas veñen obrigadas a promover condicións de traballo para a protección integral contra as violencias sexuais e evitar situacións de desigualdade e discriminación, debendo ao efecto establecer diferentes medidas tal é o caso da sensibilización e información nesta materia de todo o seu persoal así como a difusión no ámbito laboral da necesaria igualdade de trato e non discriminación, polo que accións divulgativas como esta xornada contribúen a acreditar o cumprimento de tales deberes. A estes efectos, a CEL expedirá a correspondente certificación acreditativa ás persoas que asistan, así como ás empresas cuxo persoal participe na xornada.