Escrito o:
CURSOS | Diálogo social e negociación colectiva 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva de 2025, financiado pola Xunta de Galicia e o SEPE.
En total, no marco deste programa impartiranse tres cursos, entre os meses de setembro e outubro, e na modalidade de teleformación.
Os cursos son moi específicos e están EXCLUSIVAMENTE dirixidos a traballadores en activo de empresas privadas relacionados coas áreas de xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais. Non se admiten autónomos (salvo aqueles que o seu traballo estea relacionado co ámbito laboral), nin traballadores de Administracións Públicas, nin persoas en situación de desemprego.
Máis concretamente, no marco deste programa, formarase a medio centenar de persoas nas seguintes materias:
- CURSO Accións para a igualdade efectiva de mulleres e homes | Do 05/09/2025 ao 29/10/2025 | INSCRICIÓN
- CURSO Habilidades sociais de comunicación e resolución de conflitos no centro de traballo | Do 16/09/2025 ao 17/10/2025 | INSCRICIÓN
- CURSO Técnicas de negociación | Do 18/09/2025 ao 15/10/2025 | INSCRICIÓN
Para máis información sobre o programa dos cursos con prazo de inscrición aberto, descargar programas de cada curso en pdf ao final desta entrada ou chamar á CEL (982231150).