Voltar atrás

Escrito o:

Prevención de riscos laborais en maiores de 55 anos

A evolución demográfica tamén se reflicte nas empresas e fai necesario incorporar a perspectiva de idade á xestión preventiva. 

Adaptar os postos, revisar a organización do traballo, manter unha formación continua ou prestar atención ás necesidades de cada persoa contribúe a que todas poidan desenvolver a súa actividade con seguridade e saúde ao longo de toda a vida laboral.

Porque se o traballo cambia, tamén debe facelo a prevención. 

Coa finalidade de dar a coñecer a realidade do impacto da idade nas contornas laborais, riscos e medidas preventivas a adoptar, elaboramos un breve vídeo informativo que vos animamos a visionar. Son pouco máis de tres minutos do voso tempo: VER VÍDEO 

Tamén e como complemento, podedes descargar a nosa nova publicación en materia preventiva, un pequeno manual que recolle tamén a información máis relevante sobre "Prevención de riscos laborais en maiores de 55 anos": VER PUBLICACIÓN