Escrito o:
OBRADOIRO ONLINE | Ansiedade no traballo, que nervios!
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral desta Confederación, organiza o Obradoiro “Ansiedade no traballo, que nervios!”, que se celebrará o día 14 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O obradoiro pretende que as persoas asistentes poida identificar cales son os estresores máis habituais aos que están expostas no seu traballo, analizar como lles poden afectar, e coñecer algunhas ferramentas básicas para reducilos ou eliminalos. O programa completo pode descargarse ao final desta entrada.
As prazas son limitadas, e é obrigatoria a inscrición, que se tramita enviando o boletín descargable ao final desta entrada ao correo electrónico do COPG (copgalicia@copgalicia.gal).
Prazo de inscrición: até o 13 de outubro de 2021.