Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO ONLINE | Autodiagnóstico para a Internacionalización da Empresa

A Confederacion de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa Internovamarket-Food, o Taller Online "Autodiagnóstico para a Internacionalización da Empresa", co obxectivo de facilitar ás empresas ferramentas para a autoevaluación de face ao seu acceso a mercados de terceiros países.

O taller terá lugar o próximo día 30 de outubro de 2020, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Tras a súa celebración, existe a posibilidade de concertar unha entrevista personalizada por empresa para a elaboración diagnóstico de internacionalización cun consultor especializado. 

A CEL lembra que explorar e acceder a novos mercados é unha das vías de crecemento de maior interese para unha empresa. Pero antes de lanzarse ao exterior, esta ha de avaliar se dispón da capacidade e medios necesarios para afrontar o reto. Pola contra, corre o risco de pór en cuestión a súa propia supervivencia.

A través do taller do programa Internovamarket-Food a CEL espera proporcionar ás empresas unha primeira idea das pautas necesarias para realizar un primeiro autodiagnóstico de capacidade exportadora (descargar programa completo ao final desta entrada).

A asistencia é gratuíta e as prazas limitadas, polo que é imprescindible reserva a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN OBRADOIRO ONLINE AUTODIAGNÓSTICO INTERNACIONALIZACIÓN