Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Redución da Siniestralidade Laboral

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais F.S.P., a xornada informativa Redución da Sinistralidade Laboral, na que se analizarán os diferentes conceptos relacionados coa sinistralidade, así como as novidades que introduce o RD 231/2017. Concretamente, abordarase o seguinte programa (descargable completo ao final desta entrada):

  • Sinistralidade laboral: accidentes, enfermidades e incidentes
  • Evolución da sinistralidade en España
  • Avaliación dos custos dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais
  • Prevención de Riscos Laborais: investimento ou gasto?
  • Beneficios da prevención: tanxibles e intangibles 
  • Novidades introducidas polo R.D. 231/2017 de 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.


A xornada terá lugar en Lugo, na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) o día 14 de xuño, a partir das 10:30 horas e contará coas achegas de Adela Pérez Arias, Licenciada en Dereito e Máster en PRL, e actualmente Directora da Delegación de Lugo de Norprevención S.L, sociedade acreditada como Servizo de Prevención Alleo (SPA).

A prazas son limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición, que pode tramitarse NESTA LIGAZÓN.