Voltar atrás

Escrito o:

Últimas prazas no curso de Recursos Humanos

A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acollerá durante os próximos meses o curso "Xestión Integrada de Recursos Humanos", organizado no marco da programación formativa AFD 2017 (accións de formación dirixidas prioritariamente a desempregados), cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).

Concretamente, o curso, de 808 horas de formación totais, impartirase en horario de 9:00 a 14:00 horas ata o día 1 de xuño de 2018, de acordo co seguinte programa de módulos:

  • Xestión administrativa das Relacións Laborais (210 horas)
  • Xestión de recursos humanos (150 horas)
  • Xestión de sistemas de información e arquivo ( 120 horas)
  • Ofimática (190 horas)
  • Módulo de prácticas profesionais non laborais (120 horas)
  • Módulos transversais (18 horas)


O curso está dirixido preferentemente a desempregados inscritos na Oficina de Emprego, aínda que tamén poderán participar traballadores en activo. Permite o acceso a un certificado de profesionalidade de nivel 3, polo que os interesados haberán de contar cunha titulación mínima de Bacharelato Logse, COU, FPII ou Grao Superior de FP, diplomatura, licenciatura ou similares.

Inscrición

Os interesados nestes cursos deben dirixirse o máis axiña posible ao noso Centro de Formación, sito en Manuel Murguía 6-Baixo de Lugo, para cubrir ficha de inscrición e participar en entrevista de selección. Máis info no número de teléfono 982 28 40 15.