Voltar atrás

Escrito o:

Formación PRL 2017

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, preto dunha vintena de accións formativas gratuítas en materia de seguridade e saúde laboral destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.

Estas accións desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro, maioritariamente na cidade de Lugo, aínda que tamén en Monforte e Burela. 

Nesta programación anual inclúense accións novas en contido, con especial atención á prevención de riscos laborais para o colectivo de mulleres (riscos laborais emerxentes, riscos da muller traballadora embarazada, ...), así como outras que non se impartiron anteriormente como "Rescate industrial" ou "Traballos saudables para cada idade", entre outras.

Máis concretamente, impartiranse os seguintes cursos:

Novidades nos sistemas de xestión da prevención: transición OSHAS 18001 a ISO 45001
    Lugo, 08/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.

Conciencia sobre o lume
    Lugo, 09/09/2017 - De 9:00 a 14:00 h.

Duplica o teu tempo e multiplica a túa produtividade na contorna laboral 
    Lugo, o 15/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.

Vixilancia da saúde dos TME
    Lugo, o 16/09/2017 - De 09:00  a 14:00 h.

Técnicas de relaxación e xestión da tensión no traballo
     Lugo, 22/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.

Modelo de empresa saudable
     Monforte de Lemos, 22/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.  

Responsabilidade social corporativa
     Lugo, 23/09/2017 - De 9:00 a 14:00 h.

Rescate industrial
     Lugo, 29/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.

Riscos laborais emerxentes que afectan as mulleres
     Lugo, 29/09/2017 - De 16:00 a 21:00 h.

Traballos verticais
     Lugo, 30/09/2017 - De 9:00 a 14:00 h.

Prevención na manipulación e almacenamento de produtos químicos
      Burela, 06/10/2017 - De 16:00 h. a 21:00 h.

Equipos de respiración autónoma
      Monforte de Lemos, 07/10/2017 - De 09:00 h. a 14:00 h.

O mobbing ou acoso laboral feminino
      Lugo, 20/10/2017 - De 16:00 h. a 21:00 h.

Reponsabilidad penal por riscos en materia de PRL
      Burela, 21/10/2017 - De 9:00 h. a 14:00 h.

PRL na muller traballadora embarazada
      Lugo, 21/10/2017 - De 09:00 h. a 14:00 h.

Modelo de empresa saudable
      Lugo, 27/10/2017 - De 16:00 h. a 21:00 h.

Insatisfacción laboral da muller traballadora
      Lugo, 27/10/2017 - De 16:00 h. a 21:00 h.

Traballos saudables en cada idade
      Lugo, 28/10/2017 - De 09:00 h. a 14:00 h.

Estes cursos organízanse ao amparo da Orde de 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, co financiamento da Xunta de Galicia.

As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Inscrición

A inscrición tramitarase por teléfono, nos números 982 28 40 15 o 982 23 11 50, ou enviando un e-mail con nome, acción de interese e teléfono de contacto, a formacioncel@cel.es.

O prazo de inscrición permanecerá aberto en cada acción formativa ata ir cubrindo prazas. Cada alumno poderá inscribirse nunha ou varias accións formativas.