Escrito o:
Xornada 'Adaptación á nova Norma ISO 9001:2015'
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolle o día 20 de outubro, xoves, unha xornada informativa sobre a nova ISO 9001, norma que permite a certificación dos sistemas de xestión da calidade, recoñecida internacionalmente, que tras case trinta anos de existencia renovouse co fin de facilitar a súa comprensión e simplificar a súa implantación en calquera tipo de organización.
Co fin de dala a coñecer e facilitar a transición das empresas de Lugo á actual versión da normativa, a CEL organiza, coa colaboración de Globalmed, esta sesión informativa, que se desenvolverá de 19:00 a 20:30 horas na sede central da organización empresarial lucense.
Programa
Descargable en pdf ao final desta entrada, o programa da xornada abordará as seguintes cuestións:
- Evolución da Norma ISO 9001
- Estrutura de alto nivel para as normas de xestión
- A Norma ISO 9001:2015. Principais cambios e novos requisitos:
- Contexto da organización
- Liderado
- Enfoque baseado en risco
- Énfase na xestión de procesos - Comparación entre ISO 9001:2008 e ISO 9001:2015
- Impacto dos cambios para as organizacións
- Adaptación dos certificados ISO 9001
- Preguntas
Inscrición
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA NOVA NORMA ISO 9001:2015
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo