Escrito o:
A información para emprendedores de Lugo, no blog e+e
Continuamos publicando entradas en e+e o blog dos emprendedores e empresarios de Lugo, que CEL e Fundación CEL puxemos en marcha en maio de 2015 para informar sobre creación de empresas e emprender na provincia de Lugo. Desde a experiencia de emprendedores do viveiro de empresas da Fundación a artigos sobre prevención de riscos laborais, información sobre formas xurídicas ou axudas e lexislación vixente ocupan os temas máis recorrentes nos post dunha bitácora que busca converterse en referente para os empresarios e emprendedores de Lugo.
Compartimos algunhas das últimas entradas e animámosvos a subscribirvos (só tendes que facilitarnos un mail na sección de subscrición do blog e confirmar a subscrición ao recibir o primeiro correo) para non perdervos nada do que se coce no ecosistema emprendedor lucense.
Últimos post
- Catro preguntas clave (e as súas respostas), sobre mediación concursal
- Apoios financeiros e outras axudas en vigor para os emprendedores galegos
- Nove razóns para formarche en mercadotecnia dixital
- Previr riscos por exposición a campos electromagnéticos
- Axudas para emprendedores en Galicia 2016
- Risco eléctrico, recomendacións básicas para as emprendedor
- Sociedades laborais e participadas, novidades na súa regulación
- Empresa saudable, un camiño cara á diferenciación