Voltar atrás

Escrito o:

A CEL acolle reuniones bilaterais sobre os mercados de Estados Unidos e Marrocos

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), acollerá o próximo día 15 de outubro, xoves, reunións bilaterais sobre os mercados de Estados Unidos e Marrocos. Contará para estas entrevistas co director da plataforma PEXGA (Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia) en Marrocos, David Garay Mazón, e co subdirector de Pexga Estados Unidos, Matías Jiménez Brito.

Estes encontros, que se desenvolverán en horario de 10:00 a 14:00 horas, constitúen unha oportunidade única para coñecer de primeira man as posibilidades de negocio que ofrece cada un destes mercados, vías de entrada e como resolver os escollos máis frecuentes. Facilitan, ademais, a opción de que as empresas que xa manteñen relacións comerciais con estes países resolvan as súas dúbidas máis frecuentes e cuestións perentorias.

A visita enmárcase nun programa máis amplo de encontros cos responsables das Plataformas Pexga que se está desenvolvendo en todas as confederacións empresariais galegas, organizado polo Igape e a CEG, e que traerá a Galicia, entre os días 13 e 16 de outubro, aos directores de plataformas Pexga e representantes de Oficinas Económicas e Comerciais de Embaixadas tanto de de Estados Unidos e Marrocos, como de Brasil, China, Colombia, México, Reino Unido e Rusia.

Para participar nas reunións bilaterais que terán lugar en Lugo, as empresas teñen que inscribirse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN ENCONTROS BILATERAIS USA E MARROCOS

Máis información tamén a través do Departamento de Comercio Exterior da entidade, no número de teléfono 982 23 11 50 ou a dirección de e-mail comercioexterior@cel.es.

Estados Unidos

Estados Unidos, como a maior economía mundial que é, cun PIB de 15 billóns de dólares, e o maior importador de bens do mundo, atrae en xeral a atención de empresas de todo o mundo e de todo tipo de sectores de actividade. A súa economía é flexible e dinámica e permitiulle emerxer máis grande e forte dos períodos difíciles que experimentou ao longo da súa historia. O mesmo sucede coa actual etapa de recesión mundial, que está a lograr remontar grazas á súa cultura innovadora e emprendedora, mantendo a súa condición de "país de oportunidades".

Ademais, calcúlase que no ano 2050, 100 millóns de hispanos vivirán nos Estados Unidos, representando o 24% do total da poboación. As compañías galegas en xeral, e lucenses en particular, teñen unha gran oportunidade empresarial nesta tendencia, que lles pode servir para introducir os seus produtos e servizos en distintos nichos de mercado.

A negociación entre Estados Unidos e Europa do Tratado de Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento (TTIP), que se prevé finalice para 2016, abrirá ademais de finalizar con bo porto a maior zona de libre comercio do mundo, co 60% do PIB mundial. Implicará a eliminación de aranceis e novos retos e oportunidades para as empresas europeas nas súas relacións comerciais co país americano.

Entre outros, é un mercado de gran interese para o sector agroalimentario, clave para a economía provincial. Outros sectores crave son o turístico, o téxtil, novas tecnoloxías, materiais de construción, biotecnoloxía e nanotecnoloxía, enerxías renovables ou ?e-health? (novas tecnoloxías aplicadas ao sector sanitario).

Marrocos

Pola súa banda, Marrocos é o segundo destino das exportacións españolas fose da Unión Europea, e o primeiro destino en África. A súa condición de porta de entrada ao continente africano, un marco xurídico estable e seguro para o desenvolvemento de negocios e o seu continuado crecemento (a un ritmo medio do 5% anual durante o últimos dez anos), convérteno nun país excelente consumidor de produtos españois.

Entre os sectores crave deste país atópanse automoción, pesca, tenologías da información, materiais non metálicos, madeira, construción naval, enerxías renovables ou téxtil e moda.