Escrito o:
Formación en PRL 2015
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, ao amparo da Orde de 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia, varias accións formativas gratuítas destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Estas accións formativas, de cinco horas de duración cada unha, desenvolveranse na segunda quincena do mes de outubro, en Lugo e algunha nas zonas norte e sur provincial, e abordarán as cuestións de interese en materia de seguridade e saúde laboral:
- Traballos Verticais
Lugo, o 16/10/2015 - INSCRICIÓN -
A Mariña Lucense, o 23/10/2015 - INSCRICIÓN - - Rescate Industrial
Lugo, o 17/10/2015 - INSCRICIÓN - - Manexo de Plataformas Elevadoras de Persoas
Lugo, o 17/10/2015 - INSCRICIÓN - - Conciencia sobre o Lume
Lugo, o 23/10/2015 - INSCRICIÓN -
Monforte, o 24/10/2015 - INSCRICIÓN - - Seguridade en Altura para Traballos en Aeroxeradores
Lugo, 23/10/2015 - INSCRICIÓN - - Risco Eléctrico
Lugo, 24/10/2015 - INSCRICIÓN - - Manexo de Ferramentas Forestais
Lugo, 24/10/2015 - INSCRICIÓN -
A Mariña Lucense 23/10/2015 - INSCRICIÓN - - Seguridade en Espazos Confinados
Lugo, 26/10/2015 - INSCRICIÓN -
Ao final desta entrada poden descargarse os programas de cada curso. As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa) e o prazo de inscrición permanece aberto (cada alumno poderá inscribirse nunha ou varias xornadas; para reservar praza, é necesario cumprimentar cada un dos formularios de inscrición accesibles vía enlaces anteriores).