Escrito o:
Aecc realiza hoxe a súa cuestación anual
Un ano máis a Asociación Española contra o Cancro (AECC) realiza o seu peditorio anual, a través da que recada fondos para o desenvolvemento de actividade de investigación oncolóxica e de loita contra esta enfermidade.
Desde a CEL sumámonos de novo á divulgación desta campaña, conscientes do drama humano que supón esta enfermidade e da necesidade de abrir canles de mellora. Segundo datos da AECC, "a supervivencia do cancro aumentou un 20% nos últimos 20 anos grazas á investigación, pasando dun 46% a un 66% dos afectados", unha cifra que aumenta nalgúns tumores "como o de mama ou determinados cancros infantís", nos que a supervivencia "pode chegar aínda 85%", o que dá unha idea da transcendencia da investigación.
Os interesados en colaborar coa campaña deste ano poden facelo achegándose a algunha das mesas que AECC Lugo instalará en diferentes puntos da cidade, ou a través da propia páxina web da Aeec na ligazón www.dona.aeec.es.