Voltar atrás

Escrito o:

Axudas para exportación

O Ministerio de Economía e Competitividade vén de aprobar a resolución pola que aproba a concesión de axudas para 2015 do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) a través do Programa ICEX-NEXT, de apoio á internacionalización da PEME española non exportadora ou exportadora non consolidada.

Este programa combina asesoramento personalizado e experto para o deseño e execución dun Plan de Negocio Internacional con apoio económico para impulsar a promoción exterior da empresa e a súa presenza nos mercados seleccionados. Os servizos de asesoramento abordan áreas como competitividade exterior, desenvolvemento do Plan de Internacionalización e de Business Plan por Mercados ou asesoramento en destino, entre outros; a axuda económica poderá destinarse a gastos de prospección, de promoción exterior ou de contratación de persoal para o Departamento Internacional.

O programa, no que as empresas poden inscribirse até o 31 de decembro de 2015, ten unha duración de 24 meses. As empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición a través da web de ICEX (www.icex.es, ou www.icexnext.es) ou ben a través do teléfono 902 192 000.

Máis información e asesoramento a través do Departamento de Comercio Exterior da CEL (servizo só para asociados a través do teléfono 982 23 11 50).

Ver Orde