Voltar atrás

Escrito o:

Emprender baixo a fórmula cooperativa

As instalacións da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo acollen o xoves 18 de decembro a xornada informativa "Emprender baixo a fórmula cooperativa", a través da que se pretenden mostrar as vantaxes e particularidades do modelo cooperativo de face á posta en marcha de novos negocios.

A xornada está preferentemente dirixida a persoas desempregadas e con interese no autoemprego e a emprendedores con novos proxectos que desexen materializar a súa idea de negocio a través da creación dunha cooperativa.

Explicaranse as ferramentas e apoios existentes en Galicia para o cooperativismo, ademais de dar a coñecer experiencias de éxito que poden servir de exemplo para aqueles interesados en emprender baixo esta fórmula (ver programa completo ao final desta entrada).

Neste encontro, que terá lugar a partir das 10:00 horas na Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos de Lugo), tamén se presentará a esta entidade como centro de referencia na atención e asesoramento cooperativo en 2015.

Inscricións

A entrada é gratuíta aínda que se require inscrición, facilitando nome, DNI e correo electrónico en info@eusumo.coop ou no teléfono 981558008.