Escrito o:
Xornada Lan Party
A CEL está a organizar, xunto con BicMinho, ANFACO-CECOPESCA e o Centro Tecnolóxico dá Carne, a Xornada "Industria Agroalimentaria: Desafíos e Solucións para o Financiamento e a Internacionalización". Terá lugar en Vilanova de Cerveira (Portugal) o vindeiro martes 4 de decembro en horario de mañá.
Participarán representantes das entidades organizadoras, así como do Igape e a Sudirección Xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta (programa descargable ao final desta entrada).
A xornada organízase no marco do programa Lan Pymexport, desenvolvido nos últimos anos por diferentes organizacións empresariais galego-portuguesas para fomentar a internacionalización de pemes agroalimentarias da eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
Para máis información, contactar co Departamento de Comercio Exterior da CEL no 982 23 11 50.