Escrito o:
A nosa Fundación difunde a cultura emprendedora no ámbito universitario
Os emprendedores de Don't Be a Foreigner e Galaicus Gourmet, dous proxectos empresariais que crecen con forza no viveiro de empresas da Fundación CEL, asistiron recentemente a unha xornada de traballo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, organizada con motivo da presentación da XIV Convocatoria do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC e co obxectivo de promover a xeración de actitude emprendedora entre os estudantes do campus universitario lucense.
Emprendendo desde Lugo
Don't Be a Foreigner e Galaicus Gourmet son dúas empresas que crecen con forza no Centro de Iniciativas Empresariais da Fundación CEL. Don't Be a Foreigner é unha empresa de servizos ao estranxeiro que ofrece desde recepción en aeroporto a procura de aloxamento, traducións? e calquera tipo de asesoramento que poida necesitar un visitante (sexa estudante, empresario, viaxeiro) en España. Galaicus Gourmet é, pola súa banda, unha tenda online de produtos gourmet e de alta calidade de Galicia.
Esta realidade e a súa experiencia na posta en marcha de ambas as empresas foi explicada polos seus promotores no marco dunha xornada na que o coordinador da Fundación CEL, Rodolfo Ojea, detallou pola súa banda os apoios que ofrece esta entidade a aqueles que deciden lanzarse a facer realidade unha idea empresarial, desde o acceso aos locais do programa do viveiro de empresas a servizos de asesoramento tutelaje e apoio, servizos de información, formación e consolidación empresarial.
Asemade, técnicos do Programa de Apoio ao Emprendimiento da USC, UNIEMPRENDE, animaron aos alumnos a presentar as súas ideas de negocio ao concurso de ideas empresariais que convocan e no que se outorgarán cinco premios de 600 € cada un, ás mellores ideas de negocio. O prazo de presentación finaliza o día 14 de novembro.