Voltar atrás

Escrito o:

Bolsas Santander - CRUE - Cepyme: convocatoria 2014 - 2015

A edición 2014 - 2015 do Programa "Bolsas Santander-Crue-Cepyme", que vén realizando desde o ano 2011, xa está en marcha: desde hoxe mesmo e até o 31 de xaneiro de 2015 as pemes interesadas en contar cun bolseiro deste Programa nos seus centros de traballo poderán solicitalo.

A información sobre as características do programa - moi semellantes ás de 2013/2014 - e a xestión sobre a petición de bolseiros (sempre antes do 31 de xaneiro de 2015), pódense facer a través da páxina www.becas-santander.com (Prácticas profesionais Santander-CRUE-CEPYME). As oficinas especializadas das universidades serán as responsables da selección e asignación de bolseiros e empresas, así como da xestión e pago da cotización á Seguridade Social.

Cotización

A única variación nesta convocatoria, debido aos cambios legais, prodúcese en materia de cotización. Desde agora as prácticas curriculares cotizarán a tipo cero, polo que a universidade dará ao estudante de alta e de baixa na Seguridade Social e percibirá a bolsa completa. Pola contra, se non son curriculares a universidade terá que facer as retencións pertinentes.

As empresas que participaron na anterior convocatoria poderán volver facelo nesta, a condición de que cumpran os requisitos esixidos e volvan inscribirse na plataforma.

O prazo de solicitude para estudantes abrirase o próximo 15 de novembro.

Máis info e solicitudes