Escrito o:
International Bio Industry Exposition
Dende a Confederación de Empresarios de Lugo estamos a organizar unha VISITA EMPRESARIAL Á REPÚBLICA DE COREA (Corea do Sur) coa finalidade de asistir á INTERNATIONAL BIO INDUSTRY EXPOSITION, que terá lugar en Osong entre os días 26 de setembro e 12 de outubro.
A nosa intención é que as empresas participantes que desexen sumarse a esta iniciativa poidan asistir ás primeiras xornadas desta feira internacional centrada no sector bioindustrial e relacionados, polo que a viaxe programarase entre os días 1 e 6 de outubro de 2014.
As PRAZAS SON LIMITADAS, polo que as empresas interesadas haberán de confirmar a súa participación o antes posible en el número de teléfono 982 23 11 50, a través do que tamén poderán obter máis información sobre a asistencia a esta feira.
No caso de que a demanda de empresas para participar nesta viaxe supere o número de prazas ofertadas, primarase na selección a aquelas pertencentes a sectores cualificados como preferentes pola Oficina Comercial de Corea en España (KOTRA) para o establecemento de relacións comerciais.
MÁIS INFO INTERNATIONAL BIO EXPO