Voltar atrás

Escrito o:

Centro de Excelencia para a Internacionalización

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Escola de Organización Industrial (EOI) veñen de presentar un novo proxecto dirixido a fomentar a internacionalización das empresas galegas. Trátase do CENTRO DE EXCELENCIA PARA A INTERNACIONALIZACIÓN, cofinanciado polo FEDER, o Ministerio de Industria e o propio Igape, a través do que se realizarán accións orientadas a fomentar o desenvolvemento do potencial innovador e de internacionalización das pemes galegas, especialmente na fase de iniciación, expansión e consolidación das súas operacións internacionais.

Para iso, este Centro de Excelencia ofrece a todas aquelas PEMES e EMPRESARIOS AUTÓNOMOS radicados en Galicia, de forma GRATUÍTA, a posibilidade de acceso, entre outras accións, a unha rede de consultores especializados que procederán a realizar unha análise da súa situación a fondo, tras o cal se proporcionaría á empresa participante un PLAN INDIVIDUALIZADO DE INTERNACIONALIZACIÓN, ou ben un PLAN AGRUPADO DE INTERNACIONALIZACIÓN, se polas súas condicións fose máis factible que esta forme parte dun consorcio de exportación.

Participación

As pemes interesadas en formar parte do CdE participando nas consultorías individualizadas, poden solicitar a súa adhesión vía online na seguinte ligazón:

                         INSCRICIÓN CENTRO DE EXCELENCIA INTERNACIONALIZACIÓN 2014

Unha vez pechado pechado o prazo de recepción de solicitudes, realizarase a selección das empresas para participar nas consultorías individualizadas segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria deste programa.

Para máis información e resolución de dúbidas, pódese contactar co CdE no email galiciaexporta@eoi.es ou a través do número de móbil 622 689 975. Tamén na propia web do Centro de Excelencia ofrécense máis datos sobre este proxecto.