Voltar atrás

Escrito o:

España Compite: en la Empresa como en el Deporte

CEOE, Cepyme, o Consello Superior de Deportes (CSD) e a Asociación de Deportistas (AD) pon en marcha o proxecto ESPAÑA COMPITE: NA EMPRESA COMO NO DEPORTE, unha iniciativa que trata de impulsar o mecenado deportivo entre as pequenas e medianas empresas españolas como base para investimento no deporte de base do país.

Con este obxectivo, as empresas que aposten polo mecenado deportivo a través deste proxecto beneficiaranse dun 40% de dedución no imposto sobre sociedades polas súas doazóns ou achegas (que se realizarán a través da Fundación CEOE, e que terán un tope máximo de 50.000 euros de investimento), pois as accións desenvolvidas no marco desta iniciativa recibiron a consideración de actividades de "mecenado prioritario", tal e como se recolle xa na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014.

As liñas de actuación observadas neste proxecto contemplan dende o patrocinio de deportistas ou a promoción de acordos coas federacións deportivas para o desarollo de programas de bolsas, á impartición de programas de formación e coaching, a participación en misións empresariais, a posta en marcha de eventos que combinen actividades deportivas e encontros empresariais, entre outras.