Escrito o:
Semana Europea de la Seguridad y la Salud en el Trabajo 2013
Do 21 ao 25 de outubro, conmemórase a Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha cita anual promovida pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
Coincidindo coa semana 43 do calendario, é un período no que se concentran, en todos os Estados Membros da UE, múltiples iniciativas locais e rexionais de sindicatos, empresas, Administración e outras entidades con obxecto de promocionar a seguridade e saúde no traballo e de apoiar as Campañas Europeas, demostrando que a prevención de enfermidades e accidentes no lugar de traballo é unha prioridade principal en Europa.
A Semana 2013 céntrase novamente na vixente campaña 'Lugares de Traballo Saudables: Traballando xuntos para a Prevención de Riscos", que a Axencia leva anos desenvolvendo na procura dunha maior e máis participación de todos os axentes implicados, incluídos os traballadores, na prevención de riscos no ámbito laboral.
Servizos CEL
Dende a CEL unímonos un ano máis á campaña lembrando a importancia de incentivar unha adecuada cultura da prevención de riscos laborais a todos os niveis, paso previo para lograr esa maior participación e traballo conxunto para garantir a seguridade e a saúde no traballo. Lembramos tamén os nosos servizos de atención ao empresario de Lugo en materia de seguridade e saúde laboral, centrados en proporcionar información, formación e asesoría a través do noso Gabinete de Asesoramento e Asistencia Técnica en PRL para Pemes, financiado a través da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.
En próximas datas, e para pechar as accións de carácter divulgativo deste ano en materia de PRL, organizaremos, ademais, dous talleres prácticos, centrados nesta ocasión en mitigar os efectos da tensión laboral. Proximamente informaremos os días de celebración e programa.