Escrito o:
Conecta Lugo reúne en Friol a empresas e emprendedores para prepararse para 2027
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) reunión onte a unha ducia de empresarios e emprendedores no Centro Colaborativo de Friol para analizar as convocatorias de axuda públicas que, de cara a 2027, lles poden resultar útiles para mellorar as posibilidades de futuro das súas ideas e proxectos e que convén preparar para solicitalas.
O taller, que forma parte das actividades CONECTA LUGO de la CEL, incluíu exemplos prácticos e próximos, alén de información sobre axudas comprobando se encaixarían coas necesidades de negocio das empresas e emprendedores presentes e que documentación conviría preparar antes de formular unha solicitude de subvención.
O taller foi impartido por persoal técnico de Medrar Smart Solutions e contou tamén coa participación e apoio do Polo de emprendemento de Friol e do GDR Comarca de Lugo.