Escrito o:
CONECTA LUGO | Qué axudas pode pedir a túa empresa?
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza un novo obradoiro no marco do programa CONECTA LUGO. Práctico e participativo, busca informar e formar a empresarios/as e emprendedores/as de Friol e municipios achegados, de cara a 2027, sobre que convocatorias de axuda públicas lles poden resultar útiles para mellorar as posibilidades de futuro das súas ideas e proxectos e qué convén ter preparado para solicitalas.
O obradoiro, que terá lugar o mares 24 de novembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no Centro Colaborativo de Friol, está dirixido a persoas autónomas, pequenos negocios, comercios, empresas de servizos e explotacións agrícolas e gandeiras de Friol ou arredores, sen necesidade de coñecementos previos sobre subvencións.
A través de exemplos próximos e explicacións claras, abordaremos onde buscar axudas, como comprobar se encaixan coas necesidades do negocio e que documentación convén preparar. Tamén comentaremos os prazos e os erros habituais que poden dificultar unha solicitude.
As persoas asistentes poderán compartir unha idea de mellora ou investimento e identificar os primeiros pasos para buscar financiamento.
O obradoiro será impartido por Medrar Smart Solutions. Proponse contar coa colaboración de axentes de apoio ao emprendemento e ao desenvolvemento local para achegar os recursos dispoñibles ao tecido empresarial da zona.
Máis info e inscriciós NESTA LIGAZÓN.