Voltar atrás

Escrito o:

Bajo seguimiento en Lugo de la huelga general convocada para hoy

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) está a realizar un seguimento da folga xeral desde primeira hora da mañá, e en coordinación a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), CEOE – Cepyme e o resto de organizacións empresariais do país.

Segundo os datos recibidos ata o momento, a CEL considera como baixo o seguimento da convocatoria de folga na provincia de Lugo, que cifra na contorna do 4% dos traballadores. Trátase dun dato que xa asomaba tras a primeira sondaxe realizada, sobre seguimento da folga nun pequeno grupo de empresas con quenda de noite, e que guindaba unha cifra de seguimento de ao redor dun 3% dos traballadores. A porcentaxe confirmouse ao longo do día cunha variación de só un punto e xa con datos dunha mostra maior de empresas. 

A CEL tamén indica que as enquisas poden avaliarse como máis ou menos significativas, pero que o seguimento pode corroborarse a través de datos máis obxectivos como o descenso de demanda eléctrica, que no que vai de día rexistrou unha caída a nivel estatal de entre un 5 e un 6% soamente. 

Igualmente, na organización empresarial lucense destacan que non se reportaron incidencias de ningún tipo por parte das súas empresas e asociacións integradas, máis aló de presencia de piquetes e algún retraso puntual illado na entrada aos postos de traballo na quenda de mañá.