Voltar atrás

Escrito o:

FORO CONECTA LUGO | Management humanista para unha nova era

Vivimos unha transformación tecnolóxica extraordinaria que está a cambiar a nosa forma de traballar, relacionarnos e dirixir organizacións. A intelixencia artificial multiplica as nosas capacidades, automatiza tarefas e acelera procesos.

É necesario analizar o seu impacto e debatir sobre persoas, organizacións e territorio ante a revolución da IA.

Para ese debate, e no marco da iniciativa CONECTA LUGO, propoñemos a celebración do foro MANAGEMENT HUMANISTA PARA UNHA NOVA ERA. Un tipo de management que non se sitúa en contra da tecnoloxía: parte da convicción de que o verdadeiro reto é aprender a combinar intelixencia humana e intelixencia artificial, e pregúntase que oportunidades abre esta época para Lugo.

Un encontro reducido, pensado para conversar, no que contaremos coas aportacións de Xavier Marcet, presidente de Sarah Marlex e impulsor do Management Humanista, e José Armando Tellado, CEO  do Grupo Central Lechera Asturiana. 

O día 9 de decembro de 2026, en horario de 11:00 a 14:00 horas, en Lugo, no MIHL — Museo Interactivo da Historia de Lugo.

PRAZAS LIMITADAS. INSCRICION ABERTA nesta ligazón. 

CONECTA LUGO é un programa de información e asesoramento gratuíto para empresas da provincia de Lugo, posto en marcha por la CEL co apoio e financiamento #da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para incentivar a participación das empresas lucenses nas liñas de axuda deste organismo e, paralelamente, apoialas en procesos de innovación, internacionalización ou mellora da súa competitividade.