Escrito o:
Os empresarios do agroalimentario de Lugo exploran o mercado de Brasil
Varios empresarios de Lugo pecharon en Curitiba, no Estado de Paraná (a zona máis agrogandeira do Brasil), a actividade de prospección comercial que lles levou a visitar diferentes puntos deste país e da República de Paraguai para explorar novas oportunidades comerciais para o sector agroalimentario da provincia. Esta acción de internacionalización foi organizada, co financiamento de la Deputación de Lugo, no marco da iniciativa “Lugo, valor agroalimentario”, pola Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA).
Máis concretamente no Brasil o grupo de empresarios, encabezado polo secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e presidente da Cámara de Lugo, Jaime López, e polo presidente de la Fundacion Agroalimentaria de Galicia (FAGA), Carlos Cebrián, mantivo diferentes encontros institucionais, axenda de traballo coa Universidade de Paraná e visitas a explotacións agrogandeiras.
Entre outros, o grupo reuniuse con diferentes representantes e técnicos de la Federaçao de las Indústrais do Estado de Paraná no seu Centro Internacional de Negocios. Concretamente, foron recibidos por Caroline Pinheiro, coordinadora do Centro; Naschelli Pacheco, xerente de Relacións Internacionais; Mari Aparecida, economista e xerente de Desenvolvemento Económico e Social e Rosângela Veloso, analista, cos que mantiveron unha reunión de traballo de varias horas dirixida a explorar posibles provedores, distribuidores e clientas no país para os produtos lucenses os colaboradores ou socios en materia loxística o industrial, entre outros.
Igualmente, tamén mantiveron encontros con técnicos e representantes da Federación da Agricultura do Estado de Paraná (FAEP) e visitas a explotacións gandeiras.
Universidade e innovación
Na axenda de traballo figuraron asemade encontros técnicos coa Universidade Federal de Paraná, para continuar co desenvolvemento dun proxecto de cooperación tecnolóxico internacional que implica a diferentes entidades de España e do Brasil. Concretamente, participan a Universidade de Paraná, a Universidade Autónoma de Barcelona, e empresas lucenses como Innogando e Medrar Smart Solutions, e conta con financiamento público tanto portuguesa como española, neste segundo caso do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI).
Este proxecto implica do desenvolvemento dun “gadget” o solución tecnolóxica de baixo custo para monitorizar a posición dos animais (se permanecen deitados os levantados), para analizar da forma o máis exacta precisa datos relativos a comportamentos de nutrición, tensión por calor, entroutros, achegando información nova e de alto valor para a xestión e toma de decisións nas explotacións gandeiras.
Nesta fase deste proxecto de I+D para a implementación de solucións tic de gandería de alta precisión xa se están instalando os dispositivos nas granxas españolas e empezarase nos próximos meses nas brasileiras.