Escrito o:
Os empresarios do agroalimentario de Lugo completan axenda en Paraguai
A actividade de prospección comercial que mantén na República de Paraguai un grupo de empresas do sector agroalimentario, encabezado polo secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e presidente da Cámara de Lugo, Jaime López, e polo presidente de la Fundacion Agroalimentaria de Galicia (FAGA), Carlos Cebrián, prolongouse durante toda a semana pasada cunha completa axenda de traballo en Asunción e puntos do interior do país con tradición agrogandeira.
Concretamente, ao longo da semana o grupo mantivo encontros institucionais e de traballo con representantes de la Cámara Oficial Española de Comercio e Servizos en Paraguai, a Cámara de Empresas Paraguayas de Alimentación (CEPALI), a Cámara Paraguaia de Industrias Lácteas (CAPAINLAC), a Cámara Nacional de Comercio e Servizos en Paraguai (CNCSP), a Unión Industrial Paraguaia (UIP) ou REDIEX (Rede de Inversións e Exportacións), un organismo dependente do Ministerio de Industria e Comercio (MIC) de Paraguai, así como visitas privadas a explotacións gandeiras e encontros bilaterais con empresas no país.
En la CNCSP foron recibidos, entre outros, polo seu xerente xeral, Paula Carro, e outros representantes da directiva da Cámara. Fundada en 1898, esta é a principal organización empresarial do sector terciario en Paraguai. Ofrece apoio a investimentos, capacitacións e administra o Centro de Arbitraxe e Mediación de Paraguai. No encontro, os representantes lucenses recibiron información sobre os servizos desta Cámara e fortalezas do país, e tiveron tamén a oportunidade de explicar a fortaleza do sector agroalimentario lucense ou a súa capacidade de innovación, o que permite xerar servizos extrapolables ao territorio paraguaio.
O encontro en la UIP estivo encabezado polo seu presidente, Enrique Duarte. Comentaron as condicións do mercado local, alén de posibilidades de expansión cara a outros países da rexión desde o propio Paraguai.
Pola súa banda, en REDIEX mantiveron unha reunión de carácter máis técnico con diferentes colaboradores deste organismo como Jimmy Kim, especialista en exportacións; Aramí Arza, xefa do servizo de Post-investimentos ou Marisol Muñoz, xefa do servizo de Desenvolvemento Empresarial, que ofreceron á lucenses información e guías de investimento en Paraguai, á vez que escoitaron con atención as propostas das empresas lucenses, en especial las relacionadas con novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito rural.
Os empresarios lucenses tamén foron recibidos na Cámara Oficial Española de Comercio e Servizos en Paraguai polo seu presidente, José Martín Lostao, e persoal técnico da entidade. Aquí proporcionáronlles orientación sobre como acceder ao mercado do país ou oportunidades de negocio, alén de contactos para posteriores entrevistas individualizadas. Ademais, mantiveron encontros Carlos Insfrán Micossi, presidente da Cámara de Empresas Paraguaias de Alimentación (CEPALI) e con Lourdes Torres, xerente xeral da Cámara Paraguaia de Industrias Lácteas (CAPAINLAC).
CEPALI é un gremio cun forte arraigamento na produción de alimentos e ingredientes a nivel nacional en Paraguai. Promove estándares de calidade e formalización técnica no seu ámbito, e coordinando estreitamente con entidades regulatorias de saúde como o Instituto Nacional de Alimentación e Nutrición (INAN) do Paraguai. Pola súa banda, CAPAINLAC reúne as industrias lácteas líderes do mercado en Paraguai, representando máis do 80% do leite industrializado neste país, impulsando o seu consumo e o desenvolvemento tecnolóxico neste subsector alimentario.
A axenda en Paraguai finalizou con visitas personalizadas a explotacións gandeiras de interese para as empresas da actividade de prospección, así como encontros bilaterais con empresas paraguaias xerados a partir das reunións institucionais previas.
Ademais, o grupo foi invitado, de cara a 2027, a asistir a diferentes eventos comerciais de carácter nacional no país e de interese para expansión do negocio das empresas lucenses, como a Feira Empresarial do Paraguai (FEPY), prevista para xuño, a Roda Internacional de Negocios ou EXPO Paraguai (denominada “a Rural”) e que adoita celebrarse cara ao mes de xullo. Estas invitacións buscan que mellorar o coñecemento sobre o mercado paraguaio, fomentar o contacto entre empresas, explorar oportunidades comerciais e xerar novas vinculacións.
Finalizada a axenda de Paraguai, o grupo lucense trasladouse durante a fin de semana a Brasil, ao Estado de Paraná, a zona máis rural e agrogandeira do país, para continuar cunha nova rolda de traballo de prospección comercial que se executará ao longo dos próximos días de novo con reunións institucionais e encontros bilaterais, continuando co programa financiado pola Deputación de Lugo.
Fotografía correspondente a unha das visitas con reunión de traballo, a efectuada a REDIEX