Escrito o:
Trinta anos de esforzo preventivo
Neste 2026 cúmprense 30 anos da aprobación e entrada en vigor da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais (LPRL) en España, fito fundamental que estableceu o marco de seguridade laboral no país e converteu a este exercicio no "Ano da Seguridade e Saúde no Traballo”.
Desde a CEL, co financiamento da Xunta de Galicia, elaboramos un breve vídeo que recolle a importancia e impacto desta normativa e, máis aínda, cales son os retos por abordar de cara ao futuro. Baixo o título "30 anos de esforzo preventivo" o vídeo lembra como as empresas integran a prevención de riscos laborais na organización, como se consolidou unha cultura preventiva máis sólida no o noso país pero, tamén, como os constantes cambios que no mundo laboral se producen na actualidade obrigan a ter unha visión da prevención que preste atención non soamente na seguridade e a hixiene, senón tamén a riscos menos visibles pero igualmente importantes relacionados, por exemplo, con cuestións como diversidade de idades, capacidades e situacións ou coa integración da perspectiva de xénero. Como avanzar: actualizar a prevención de riscos adaptando medidas a cambios en postos, reforzando a formación continua ou escoitando a quen coñece o traballo de primeira man.
A prevención é un proceso vivo que debe evolucionar ao mesmo ritmo que as empresas e a sociedade.
Animamos ao visionado do vídeo. En escasos tres minutos vemos de onde vimos e cara a onde imos en materia de seguridade e saúde laboral: VER VÍDEO