Escrito o:
XORNADA | Sumando talento ás empresas lucenses
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) colabora coa Asociación AMMIGOBS e outras entidades como a Xunta de Galicia, o Concello de Lugo ou a Cámara de Comercio de Lugo na organización da xornada "SUMANDO TALENTO ás empresas lucenses", que se achegará aos programas de contratación e captación internacional.
Terá lugar o día 14 de outubro, mércores, a partir das 19.00 horas, no Auditorio O Vello Cárcere de Lugo. Contará coas intervencións da alcaldesa de Lugo, Elena Candia; a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta de Galicia; a avogada Isabel Teruel Sanjurjo; o concelleiro de Política Social, Maiores e Migración, Gustavo Enrique Díaz Rey; o director de AMMIGOBS, Daniel Vázquez Vila e o secretario xeral da CEL e presidente da Cámara de Lugo, Jaime López (ver cartel ao final desta entrada).
Captar talento no exterior é hoxe unha das vías de afrontar a cobertura de vacantes nas empresas, hoxe con dificultades para atopar persoas para determinados postos de traballo, polo que esta xornada busca facilitar información sobre diferentes iniciativas e programas públicos para a contratación en orixe, trámites de contratación, entre outros. Tamén contempla un espazo de información para migrantes interesados en axilizar o seu acceso a un posto de traballo.
O encontro está especialmente dirixido a empresarios e responsables de áreas de recursos humanos das empresas, así como a persoas migrantes.
ENTRADA LIBRE ata cubrir capacidade.