Escrito o:
XORNADA | Protocolos de acoso e LGTBI que SI funcionan en microempresas e pemes
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) impartirá o día 15 de outubro de de 2026, xoves, a xornada informativa "Protocolos de acoso e LGTBI que SI funcionan en microempresas e pemes", coa que pecha a súa programación divulgativa e de sensibilización en materia de igualdade 2026.
A xornada, de tres horas de duración (de 10.00 a 13.00 horas), terá lugar en modalidade en liña. De contido práctico (programa descargable en pdf ao cabo desta entrada), incluirá tres relatorios diferenciados, unha sobre "Integración de protocolo único de acoso e LGTBI", outra sobre "Cultura empresarial, prevención e casos prácticos" e outra sobre "Marco normativo e risco empresarial", alén de diferentes quendas ode preguntas e peche con conclusións finais.
A dirección técnica da xornada correrá a cargo de Verónica Suárez, avogada e socia responsable da área procesual de Frago & Suárez Abogados Penalistas, que equilibrou o seu labor de litigación no ámbito penal co compliance e a promoción da igualdade e diversidade no ámbito empresarial, desempeñando un papel crave na negociación e elaboración de Plans de Igualdade para importantes empresas a nivel nacional. Contarase ademais coas intervencións de Néstor Aparicio, avogado e executivo sénior especializado en cumprimento normativo, AML/CFT, protección de datos e xestión de riscos, con traxectoria en España e América Latina que actualmente combina os cargos de Chief Compliance Officer en Baghdadi Capital e CEO/Compliance Officer de True North Compliance, e Fabián Valero, avogado laboralista, fundador de Zeres Avogados que acumula máis de dez anos de experiencia profesional na área do dereito laboral e da Seguridade Social e que conta cunha consolidada traxectoria de asesoramento xurídico laboral a empresas e particulares, dereito procesual laboral e negociacións laborais de carácter colectivo.
A asistencia a esta xornada é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é necesaria reserva na seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA PROTOCOLOS DE ACOSO E LGTBI QUE SE FUNCIONAN EN MICROEMPRESAS E PEMES
Esta programación divulgativa e de sensibilización enmárcase nas accións do Gabinete Técnico de Igualdade da CEL, posto en marcha para proporcionar información e asesoramento ás empresas lucenses nesta área co financiamento da Xunta de Galicia e o SEPE.