Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR | Pregúntalle á IA como mellorar o teu negocio

Openred impartirá para a CEL e a Asociación do Polígono do Tambre un webinar informativo, dirixido exclusivamente a empresas, sobre Odoo, que reúne os procesos de xestión dunha empresa nunha soa plataforma e facilita o traballo coa información do negocio con Intelixencia artificial.

O webinar, práctico, forma parte das actividades divulgativas para fomentar a dixitalización das empresas lucenses que desenvolve a CEL no marco do convenio "Lugo presente e produtivo" que mantén coa Deputación de Lugo. Achegará exemplos reais de sectores como industria, comercio, instalacións ou alimentación. Mostrarase como deixar atrás a procura de datos entre aplicacións, Excel e informes para pasar a consultar a información da empresa de forma doado, natural e contextualizada, facilitando unha toma de decisións máis áxil.

Este webinar ou xornada en liña demostrativa terá lugar o próximo día 23 de setembro, mércores, ás 11.00 horas. PRAZAS LIMITADAS. Imprescindible inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS