Escrito o:
CEL e Deputación de Lugo colaboran con diferentes iniciativas para fomentar o desenvolvemento económico e empresarial da provincia
O conselleiro delegado executivo da CEL, Eduardo Valín, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, subscribiron recentemente dous acordos de colaboración para o desenvolvemento de diferentes iniciativas conxuntas especialmente dirixidas ao tecido empresarial da provincia de Lugo durante os exercicios 2026 e 2027.
Ambos convenios facilitarán o traballo da organización empresarial en áreas como asesoramento xurídico ou estudo da realidade socioeconómica da provincia. Máis especificamente e no marco da iniciativa "Lugo presente e produtivo", desenvolverán diferentes liñas de traballo: unha conformada por actuacións informativas e divulgativas para fomentar o coñecemento e incorporación de novas tecnoloxías e dixitalización nas pemes lucenses, e outra para o estudo concreto do impacto do absentismo laboral na provincia e a posta en marcha de actuacións para palialo.