Escrito o:
Lorenzana salienta o papel das confederacións empresariais galegas na defensa dos intereses de pemes e autónomos
O secretario xeral da CEL, Jaime López, participou esta semana nunha reunión de traballo coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cos demais responsables das confederacións empresariais galegas para analizar lass principais necesidades e preocupacións das empresas galegas.
Ao final do encontro, Lorenzana destacou o labor que desenvolven estas organizacións na representación e defensa dos intereses das pemes e das persoas autónomas de Galicia, destacando o seu papel como interlocutores do tecido empresarial galego nun contexto marcado polos retos da competitividade e a transformación dixital nun mundo cada vez máis cambiante e globalizado.
Á reunión asistiron, alén de Jaime López, os presidentes das Confederacións de Empresarios da Coruña, Ourense e Pontevedra, Antonio Fontenla, David Martínez e Jorge Cebreiros, respectivamente.