Voltar atrás

Escrito o:

A CEL participa nunha reunión da Xunta sobre a ampliación de capital de RDG

O noso secretario xeral, Jaime Luis Lopez Vázquez, participou onte, xunto cos demais representantes das confederacións galegas, nun encontro coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG), Emilio Bruquetas, no que se informou sobre detalles da operación de ampliación de capital que vai levar a cabo a sociedade RDG. 

Lorenzana explicou que o obxectivo é que esta operación sexa o máis aberta e pública posible, polo que o papel destas organizacións é clave á hora de trasladar ás empresas galegas como se vai a acometer todo o proceso de ampliación de RDG. É por iso que proximamente, as confederacións recibirán e difundirán un dossier informativo sobre este tema.