Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade

O próximo 28 de xullo, en horario de mañá, terá lugar en Celeiro a xornada informativa “Europa ao servizo das empresas de Galicia: innovación, internacionalización e competitividade”, organizada polas entidades galegas que albergan as redes de información e asesoramento ás empresas da Unión Europea en Galicia.

A xornada conta coa colaboración do Porto de Celeiro, Eurochambres, a Cámara de Comercio de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo, entidades que se suman a esta iniciativa co obxectivo de achegar ao tecido empresarial galego as oportunidades e servizos que a Unión Europea pon ao seu dispor.

O encontro ten como finalidade presentar os instrumentos e recursos que a Comisión Europea ofrece ás empresas de Galicia, a través da cooperación entre as redes europeas de apoio empresarial e as entidades e institucións do territorio, facilitando o acceso a información, asesoramento e oportunidades en ámbitos crave como a innovación, a internacionalización e a mellora da competitividade.

Nesta edición, e aproveitando o marco singular da Mariña, a xornada incorporará un espazo de reflexión sobre unha cuestión estratéxica para Galicia: o futuro do mar e da pesca en Europa. Este debate adquire especial relevancia nun momento decisivo, no que se está configurando o próximo orzamento plurianual da Unión Europea e as políticas comunitarias que marcarán a evolución dun sector fundamental para a economía galega.

A sesión reunirá a salientables representantes institucionais e expertos para analizar os retos e oportunidades que ofrece Europa, con especial atención ás necesidades das empresas galegas e ao futuro dunha actividade tan arraigada e estratéxica como a pesca (descargar programa completo ao cabo desta entrada).

Unha oportunidade para coñecer as ferramentas europeas ao servizo do tecido empresarial e para contribuír ao debate sobre o papel de Galicia na construción dunha Europa máis competitiva, innovadora e sostible.

INSCRICIÓN