Escrito o:
Foro Empresarial Internacional Galicia Asia (FEIGA 2026)
Os próximos días 18 e 19 de xuño terá lugar en Lugo o Foro Empresarial Galicia Asia (FEIGA 2026). Organizado pola Asociación Prorrural Galicia en colaboración con AACCDI e o apoio de diferentes entidades como a CEL, trátase dun un encontro dividido en dúas xornadas de traballo diferenciadas (unha máis para público en xeral e emprendedores e outra dirixida a CEOs de empresa), pero en todo caso orientado a fomentar a mellora do coñecemento dos mercados asiáticos da China e Xapón e as relacións comerciais con países desta contorna.
Máis concretamente, a xornada de xoves 18 está estruturada como un fórum empresarial internacional pensado para emprendedores e interesados no mercado asiático. Terá lugar en diferentes localizacións: pola mañá desenvolverase unha parte do programa con relatorios e mesas debate, en horario de 9.00 a 15.30 horas, no Edificio Cacto do Campus Terra da USC e noutras instalacións educativas e, pola tarde, en horario de 16.30 a 20.30 horas no Hotel - Restaurante A Palloza, desenvolverase outra parte máis técnica sobre trámites, posicionamento e alianzas. Para asistir aos actos deste día é necesario tramitar inscrición nesta ligazón.
Pola súa banda, a xornada do venres 19 está pensada como cume máis específico para CEOs. Terá lugar entre as 9.00 e as 14.00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo e está estruturada en diferentes mesas debate. Para participar, é necesario inscribirse nesta ligazón.
Máis información sobre FEIGA 2026 nesta ligazón.