Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO | Retos empresariais e innovación: conectando necesidades reais con solucións tecnolóxicas

Taller convocado no marco do programa CONECTA LUGO e concibido como un espazo de traballo colaborativo orientado a identificar retos reais das empresas participantes e explorar posibles solucións tecnolóxicas de aplicación práctica.

A dinámica do taller, que terá lugar o próximo día 17 de xuño, mércores, en formato PRESENCIAL na sede central da CEL, en horario de 16.00 a 18.00 horas, buscará a participación activa das empresas asistentes, que poderán presentar proxectos de futuro, necesidades de mellora, procesos susceptibles de optimización ou problemáticas concretas para as que buscan unha solución tecnolóxica.

Con este obxectivo, contarase coa participación de empresas tecnolóxicas de referencia e expertos en transformación dixital, que achegarán a súa experiencia e coñecemento para xerar un diálogo directo cos asistentes. O obxectivo é favorecer o intercambio de ideas, identificar oportunidades de innovación e achegar tecnoloxías que poidan dar resposta a necesidades reais do tecido empresarial.

As prazas son limitadas co obxectivo de fomentar un taller dinámico e participativo, facilitando conversacións de valor entre empresas demandantes de solucións e provedores tecnolóxicos especializados. Inscrición na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN Taller "Retos empresariais e innovación: conectando necesidades reais con solucións tecnolóxicas"

CONECTA LUGO é un programa de información e asesoramento gratuíto para empresas da provincia de Lugo, posto en marcha pola CEL co apoio e financiamento da Xunta de Galicia a través do IGAPE. Alén de asistir a talleres e xornadas, os interesados nesta iniciativa poden solicitar unha cita para asesoramento personalizado nesa ligazón