Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Axudas e financiamento para a transformación dixital

A CEL convoca esta xornada no marco do proxecto CONECTA LUGO, co obxectivo de presentar as diferentes liñas de apoio e financiamento dispoñibles para as empresas galegas que desexen impulsar proxectos de dixitalización e innovación empresarial.

Durante a sesión, pensada cun carácter eminentemente informativo e práctico, realizarase unha presentación das axudas actualmente vixentes impulsadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), así como un avance de futuras convocatorias revistas que poidan resultar de interese para as empresas asistentes. Tamén se contará coa exposición de casos prácticos: participación de empresas beneficiarias deste tipo de axudas que expliquen a súa experiencia con elas.

Alén de expoñer as características principais de cada liña de axuda, ofreceranse orientacións sobre a tipoloxía de proxectos financiables, requisitos de acceso, intensidade de axuda e recomendacións para mellorar as posibilidades de éxito en futuras solicitudes. 

A xornada terá lugar tras a celebración do taller presencial "Retos empresariais e innovación: conectando necesidades reais con solucións tecnolóxicas", o vindeiro mércores, 17 de xuño de 2026, en horario de 18.00 a 19.00 horas, en modalidade en liña e presencial (na sede central da CEL).

As prazas son limitadas, polo que é imprescindible inscrición na seguinte ligazón:

XORNADA Axudas e financiamento para a transformación dixital

CONECTA LUGO é un programa de información e asesoramento gratuíto para empresas da provincia de Lugo, posto en marcha pola CEL co apoio e financiamento da Xunta de Galicia a través do IGAPE. Alén de asistir a talleres e xornadas, os interesados nesta iniciativa poden solicitar unha cita para asesoramento personalizado nesta ligazón