Escrito o:
Formación en Prevención de Riscos Laborais 2026
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) inicia en próximas datas a impartición dunha nova programación en materia de prevención de riscos laborais, organizada co financiamento da Xunta de Galicia e na área de actividades de fomento da PRL.
En total, no marco desta programación formativa impartiranse un total de seis cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2026 inclúe cursos sobre materias como "Xestión emocional e do estrés", "O método ERGOPAR para a prevención do risco ergonómico e a súa aplicación práctica", "Manexo seguro de carretillas elevadoras" (dous cursos) e "Manexo seguro de plataformas elevadoras móbiles de persoal" (dous cursos). De entre 20 e 86 horas de duración, os contidos e programa completo de cada curso poden descargarse en pdf ao cabo desta entrada.
Estas accións formativas, nas que poderán participar máis de 100 alumnos, desenvolveranse entre os meses de xuño e outubro en Lugo, en modalidade de teleformación ou presencial, dependendo da materia.
Prazas e inscrición
As prazas son limitadas (máximo 15 - 18 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que está aberta nestes momentos soamente para un dos cursos:
CURSO XESTIÓN EMOCIONAL E DA TENSIÓN (Teleformación | Do 30 de xuño ao 28 de xullo de 2026) - INSCRICIÓN
Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50).