Voltar atrás

Escrito o:

CURSOS | Diálogo social e negociación colectiva 2026

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco do programa de accións formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva de 2026, financiado pola Xunta de Galicia e o SEPE.

En total, no marco deste programa impartiranse dous cursos, entre os meses de xuño e outubro, e na modalidade de teleformación. 

Os cursos son moi específicos e están EXCLUSIVAMENTE dirixidos a traballadores en activo de empresas privadas relacionados coas áreas de xestión de recursos humanos e a promoción da igualdade e a conciliación en contornas laborais. Non se admiten autónomos (salvo aqueles que o seu traballo estea relacionado co ámbito laboral), nin traballadores de Administracións Públicas, nin persoas en situación de desemprego. 

Máis concretamente, no marco deste programa, formarase a medio centenar de persoas nas seguintes materias: 

  • CURSO Comunicación con perspectiva de xénero | Do 02/06/2026 ao 02/10/2026 | INSCRICIÓN
  • CURSO Igualdade retributiva | Do 23/06/2026 ao 22/09/2026 | INSCRICIÓN

Para máis información sobre o programa dos cursos, descargar programas de cada curso en pdf ao cabo desta entrada ou chamar á CEL (982231150).