Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Igualdade: todo o que as persoas traballadoras e as empresas necesitan saber para garantila

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) impatirá o día 18 de xuño de 2026, dentro da súa programación divulgativa e de sensibilización en materia de igualdade, a xornada informativa "Igualdade: todo o que as persoas traballadoras e as empresas necesitan saber para garantila"

A xornada, de tres horas de duración (de 10.00 a 13.00 horas), terá lugar en formato presencial na sede central da CEL. De contido práctico, abordará desde cuestións xerais básicas en materia de igualdade ata medidas para previr a discrminación e o acoso ou boas prácticas. Contará coas achegas de consultores especializados e a exposición dun caso de éxito de aplicación de medidas de igualdade nunha empresa lucense.  

A asistencia a esta xornada é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é necesaria reserva na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA IGUALDADE: TODO O QUE As PERSOAS TRABALLADORAS E AS EMPRESAS NECESITAN SABER PARA GARANTILA

Esta programación divulgativa e de sensibilización enmárcase nas accións do Gabinete Técnico de Igualdade da CEL, posto en marcha para proporcionar información e asesoramento ás empresas lucenses nesta área co financiamento da Xunta de Galicia e o SEPE