Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Igualdade de oportunidades na realidade das pemes

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) inicia o próximo 28 de maio, xoves, a súa programación divulgativa e de sensibilización en materia de igualdade cunha xornada informativa sobre "Igualdade de oportunidades na realidade das pemes".  

Esta xornada, de tres horas de duración (de 10.00 a 13.00 horas), terá lugar en formato presencial na sede central da CEL. Está deseñada de forma moi práctica, con contidos especialmente orientados a pequenas e moi pequenas empresas e intervencións de especialistas en consultoría de igualdade así como do caso experencial dunha peme lucense (programa completo descargable en pdf ao cabo desta entrada).

A asistencia a esta xornada é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é necesaria reserva na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NA REALIDADE DAS PEMES 

Esta programación divulgativa e de sensibilización enmárcase nas accións do Gabinete Técnico de Igualdade da CEL, posto en marcha para proporcionar información e asesoramento ás empresas lucenses nesta área co financiamento da Xunta de Galicia e o SEPE.