Escrito o:
FORO CONECTA LUGO en Ribadeo | Industria, emprego e innovación
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza en Ribadeo, no marco da iniciativa CONECTA LUGO, o Foro Económico "Industria, emprego e innovación", un encontro que, baixo o lema "Industria galega, o que nos dá para comer", nace como un espazo para conectar empresa, administración e territorio ao redor dunha idea chave: a industria como motor de futuro.
Nun contexto de cambio, onde a innovación, o relevo xeracional e a competitividade marcan o ritmo, o foro pon o foco en como a industria impulsa o emprego, fixa poboación e xera oportunidades reais no territorio. Cunha visión compartida entre Galicia e Asturias, o encontro abordará retos comúns e novas oportunidades desde unha perspectiva práctica e colaborativa. Máis que un evento, é un punto de encontro para compartir ideas, xerar conexións e construír o futuro industrial do territorio.
Este Foro terá lugar no CFEA Pedro Murias de Ribadeo o próximo día 30 de abril, xoves, en horario de 10.15 a 14.00 horas. Contará coa participación de responsables políticos en áreas de industria, empresa, emprendemento e emprego da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, así como con directivos de empresas punteiras de ambas as comunidades autónomas.
Máis concretamente, o Foro dividirase en diferentes intervencións e mesas de traballo, seguindo o seguinte programa:
10.15 h.- Recepción e recollida de acreditacións.
10.30 h.- Apertura institucional
10.45 h.- Mesa institucional "Políticas para medrar, atraer e consolidar"
11.30 h.- Coffee Break
12.00 h.- Mesa empresarial "A industria que transforma o territorio"
12.45 h.- Mesa técnica "Políticas públicas para impulsar a industria do futuro"
13.45 h.- Peche da xornada
14.00 h. Aperitivo e networking
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que xa pode tramitarse nesta ligazón:
INSCRICIÓN FORO CONECTA LUGO Industria, emprego e innovación
CONECTA LUGO é unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a Confederación de Empresarios de Lugo, destinada a fortalecer a competitividade das empresas lucenses vía servizos de información e asesoramento personalizado.