Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA | Compliance laboral

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia, a xornada informativa "Compliance laboral. Protocolos e investigacións de acoso no ámbito laboral. Canal de denuncias", o día 28 de abril de 2026, martes, en horario de 10.00 a 11.30 horas

Esta formación, que terá lugar en formato presencial na sede central da CEL, ten por obxecto proporcionar aos asistentes as ferramentas para o cumprimento normativo laboral, un coñecemento integral da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, así como dos procedementos internos de investigación aplicables en supostos de acoso laboral, sexual e por razón de sexo. Ao finalizar a sesión, os participantes deberán ser capaces de identificar as obrigacións qeu a norma inmpone ás organizacións, comprender o funcionamento do sistema interno de información e coñecer as fases e garantías esencianles dun procedemento de investigación por acoso.

Para abordar esta materia, contarase coas achegas de Ricardo Ron, Doutor en Dereito, subdirector do Valedor do Pobo, director técnico da Autoridade Galega de Protección á persoa Informante, alén de profesor titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social na UDC e autor de numerosas publicacións no seu ámbito; e con Pablo Romero, avogado laboralista en Vento Abogados & Asesores, especialista en asesoría a empresa, asesoría a traballadores, administracións e emprego público (persoal laboral, estatutario e funcionarios), así como responsabilidade civil no ámbito laboral e Seguridade Social (máis información sobre o contido de cada intervención no programa descargable en pdf ao cabo desta entrada). O encontro informativo finalizará cun café networking. 

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse NESTA LIGAZÓN