Escrito o:
As empresas de Chantada avanzan con Conecta Lugo en innovación e coñecemento da IA
A Confederación de Empresarios de Lugo organizou onte en Chantada, no marco do programa CONECTA LUGO, financiado pola Xunta de Galicia a través do Igape, un novo obradoiro de traballo, "Rural intelixente: innovación e IA", orientado nesta ocasión para achegar a tecnoloxía ás empresas de Lugo dunha forma sinxela e práctica, buscando que perdan o medo a novas ferramentas e descubran como pode axudalas no día a día dos seus negocios.
O obradorio tivo lugar en modalidade presencial na Casa da Cultura de Chantada e reuniu a máis dunha ducia de persoas con perfís bastante variados, desde proxectos ligados ao deporte e a xestión de redes sociais ata empresas do sector agroalimentario.
Durante a xornada, que contou coas achegas de de Rubén García, Head of IA & Automation en Protocols Consulting ou Roberto Cuíñas Arias, Projet & Data Consultant en Medrar Innovation Office, traballouse de forma práctica en como aplicar a intelixencia artificial no día a día dos negocios, combinando exemplos reais, dinámicas participativas e ferramentas útiles.
Ademais, trasladouse aos asistentes información sobre axudas e próximas convocatorias relacionadas coa dixitalización, o que permitiu ás empresas levarse ideas concretas e oportunidades aplicables aos seus proxectos.
Este taller é unha das múltiples actividades informativas que a CEL pon en marcha a través de CONECTA LUGO, iniciativa a través da que as empresas tamén pode solicitar asesoramento personalizado a través desta ligazón.