Escrito o:
XORNADA | O registro de xornada e os retos do novo rexistro dixital
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia, a xornada informativa "O rexistro de xornada e os retos do novo rexistro dixital", o próximo día 25 de marzo de 2026, mércores, en horario de 10:00 a 11:30 horas.
Durante a sesión, que terá lugar en formato presencial na sede central da CEL, expoñerase e analizarase o réxime xurídico vixente en materia de rexistro de xornada, conforme ao disposto no artigo 34.9 do Estatuto dos Traballadores. Así mesmo, abordaranse os principais retos derivados da futura reforma normativa relativa ao rexistro dixital obrigatorio de xornada, actualmente en tramitación. A exposición estará orientada, neste sentido, á correcta delimitación do tempo de traballo efectivo, a prevención de continxencias xurídicas e a adecuación dos sistemas empresariais ás novas esixencias legais.
Para abordar esta materia, contarase coas achegas de Elena Mancha, inspectora de Traballo e Seguridade Social; Catarina Capeáns, socia responsable da área de Dereito Laboral de Vento Avogados & Asesores, e Jorge Cebreiros, CEO de InfoJC, empresa que ofrece solucións tecnolóxicas para o rexistro de xornada (máis información sobre o contido de cada intervención no programa descargable en pdf ao final desta entrada). O encontro informativo finalizará cun café-networking.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse NESTA LIGAZÓN.