Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIRO | O rural intelixente: innovación e IA

No marco do programa CONECTA LUGO, financiado pola Xunta de Galicia a través do IGAPE, a CEL organiza un novo taller de traballo, "O rural intelixente: innovación e IA", orientado nesta ocasión a achegar a tecnoloxía ás empresas de Lugo dunha forma sinxela e práctica, buscando que perdan o medo a novas ferramentas e descubran como poden axudalas no día a día dos seus negocios.

O taller terá lugar en modalidade presencial en Chantada, na Casa da Cultura, o próximo dia 26 de marzo, xoves, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e contará coas achegas de profesionais de IA e tecnoloxía cos que se realizarán diferentes dinámicas de grupo para aprender a utilizar diferentes ferramentas tecnolóxicas e de IA, revisando as súas diferentes utilidades.

Ademais, informarase sobre algunhas das liñas de axuda do IGAPE abertas e próximas convocatorias relacionadas coa dixitalización.

O encontro finalizará cun espazo de networking acompañado duns petiscos, pensado para conversar, compartir ideas e xerar novas oportunidades de colaboración.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición NESTA LIGAZÓN

Ademais de xornadas informativas e talleres de traballo, no marco do programa CONECTA LUGO ofértase información e asesoramento gratuíto en materia de axudas para empresas. Os interesados poden solicitar unha cita NESTA LIGAZÓN