Escrito o:
8M | Día Internacional da Muller
O próximo día 8 de marzo conmemórase, unha vez máis, o Día Internacional da Muller, unha data chave para reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero en todo o mundo. O 8M como Día Internacional da Muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa o empezaba a conmemorar. A súa orixe está nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre mulleres e homes.
Desde o Gabinete de Igualdade da CEL sumámonos a esta data conmemorativa, lembrando que a construción dunha sociedade máis igualitaria é tamén a construción dunha sociedade máis xusta e na que se avanza coa suma de todos: cidadáns, empresas e institucións públicas. Tamén para concienciar sobre do papel decisivo das empresas para avanzar en igualdade laboral, así como para poñer unha vez máis á vosa disposición os nosos servizos de información e asesoramento en materia de igualdade (normativa, axudas, plans e protocolos…). Podedes contactar connosco nesta dirección de e-mail (gabinete.igualdade@cel.es) ou chamando ao 982 23 11 50.