Voltar atrás

Escrito o:

Empresarios do sector agroalimentario lucense actualízanse achegándose a novas ferramentas tecnolóxicas

Unha ducia de empresarios do sector agroalimentario lucense participaron nas diferentes sesións de traballo do obradoiro "Novas tecnoloxías en IA para o sector agroalimentario", organizado pola CEL co financiamento do Igape a fin de dar a coñecer e optimizar o uso de novas ferramentas de Intelixencia Artificial entre as empresas do sector agroalimentario da provincia de Lugo, fomentando a súa maior competitividade, eficiencia e sostenibildad. 

O obradoiro subdividiuse en catro sesións intensivas de traballo, celebradas na sede central da CEL desde finais de xaneiro. Entre as temáticas de cada xornada de traballo atopáronse "Introdución á Intelixencia Artificial e diagnóstico inicial"; "IA para a personalización de produto e experiencia do consumidor"; "Optimización da cadea de subministo e trazabilidadade IA" ou "IA na sustentabilidade e economía circular na industria agroalimentaria". Contouse para tratalas coas achegas de relatoras como Lara Neira de Nova Industria Galega (NIGAL), Marcos Godino Barros de NewMind, Alejandro Novo de Imglo, Emilio Rodriguez de Sensesbit, José Senande de Osigris ou Xosé Ramón Vázquez, coordinador de desenvolvemento de negocio en I+D+i do Cluster Alimentario de Galicia (Clusaga), ademais de técnicos de Medrar Innovación Office, empresa coordinadora do taller. 

Esta iniciativa permite que as empresas se acheguen de forma práctica a ferramentas tecnolóxicas que lles poden ser útiles, así como coñecer posibles axudas públicas para a súa implementación, modernizando as súas estruturas e procesos e avanzando en innovación.